Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno debate unha moción sobre a...

A SESIÓN INCLÚE A DEPURACIÓN DE VARIAS PARCELAS DO POLÍGONO

O pleno debate unha moción sobre a construción dun aparcamento soterrado na Praza do Concello

Venres 23 de setembro do 2011

Fóra do apartado de mocións, o pleno inclúe a aprobación da desafectación da escola do lugar de A Praza, en Sofán. Trátase dun centro que deixou de prestar servizos educativos hai catro cursos e que conta con dous andares, unha superficie de 113 metros cadrados e un patio de 322 metros cadrados. Así mesmo, debaterase a depuración física e xurídica de parcelas de titularidade municipal situadas no polígono industrial de Bértoa. Coa aprobación deste punto, daríaselle o visto e prace a unha redifinición do parcelario do parque empresarial para actualizar á realidade o Inventario Municipal de Bens e incluír terreos que ahora non figuran como a parcela onde está ubicado o Parque Comarcal de Bombeiros. No apartado económico, a orde do día recolle unha modificación do orzamento da corporación para 2011 coa inclusión dunha transferencia de crédito. Deste xeito, supleméntase con 100.000 euros a partida destinada á reparación de estruturas e retíranse da partida destinada a desenvolvemento urbanístico. O motivo é que non será preciso realizar o investimento destinado a urbanizacións durante 2011. Por último, a sesión inclúe a designación dos compoñentes da xunta electoral para a constitución do Consello Escolar Municipal de Carballo.

Compartir: