Inicio Carballo ao día Hemeroteca Nuria Espert será a encargada de pechar a...

O FESTIVAL REMATA O LUNS 31 DE OUTUBRO

Nuria Espert será a encargada de pechar a XX edición do FIOT con "La violación de Lucrecia"

Luns 26 de setembro do 2011

O director de "La violación de Lucrecia" é Miguel del Arco, un dos realizadores de referencia do panorama teatral nacional, responsable dun dos éxitos da temporada anterior, "La función por hacer", que estivo na programación do FIOT 2010 e que se converteu na gañadora da pasada edición dos premios Max de Teatro. A presenza de Nuria Espert nesta XX edición do festival é un grande agasallo para os amantes dos bos intérpretes e, sobre todo, para o público fiel ao FIOT. Galardoada con numerosos premios como a Medalla de Ouro ao mérito da Belas Artes, Premio Nacional de Interpretación ou a Medalla de Ouro de Teatro Liceo de Barcelona, Nuria Espert é o broche perfecto para baixar o telón da XX edición do Festival Internacional Outono de Teatro 2011. Ademais, a organización do festival quere tamén comunicar que a presentación do programa terá lugar ao ongo dos próximos días, á que está previsto que asistan patrocinadores e colaboradores do festival. Así mesmo, na presentación tamén se falará da outra grande cita do FIOT, a Rúa dos Contos, cuxa organización está sendo ultimada coa colaboración dos hostaleiros da capital municipal. Por último, hai que lembrar que, por segundo ano consecutivo, o FIOT contará cun equipo de voluntarios que axudarán á organización do festival durante a súa celebración.

Compartir: