Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobados dous convenios de colaboración...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobados dous convenios de colaboración coa Universidade da Coruña para a realización de prácticas de Arquitectura e Paisaxismo

Luns 26 de setembro do 2011

Outro dos convenios coa Universidade da Coruña (UDC), no que tamén participa a Universidade de Santiago de Compostela (USC) aprobados na Xunta de Goberno refírese aos estudantes do Máster en Arquitectura da Paisaxe da Fundación Juana de Vega. Así, o Concello de Carballo acollerá a alumnos e alumnas que estean cursando o citado master para que realicen prácticas en emprazamentos de Carballo co obxecto de complementar a formación teórica impartida na Universidade, e tamén de cara á súa incorporación ao mercado laboral. Os traballos realizados consistirán na análise dun ámbito de actuación e na formulación dun master plan para ese ámbito, que, posteriormente, previa selección por parte do profesorado, será presentado aos responsables municipais. O Concello comprométese a realizar unha presentación pública dos traballos seleccionados para contribuír dese xeito á súa difusión. A duración deste convenio coincide coa do curso académico 2011-2012. No mesmo apartado de convenios, a Xunta de Goberno tamén supuxo a dación de conta cun acordo de cooperación educativa co Centro de Estudos Universitarios de Galicia (Cesuga) para a realización de prácticas de estudo; e a luz verde para o Proxecto Grundtvig de voluntariado para persoas maiores.

A sesión supuxo, así mesmo, a aprobación de oito licenzas e obra, unha licenza de obra e apertura, unha licenza de parcelación e unha licenza de primeira ocupación. Quedou sobre da mesa a aprobación do expediente de contratación para o contrato administrativo de "Subministro de licenzas de Microsoft".

Compartir: