Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arredor de 75 pilotos participan o 1 de outubro...

COMPITEN SEIS CORREDORES DO CLUB MOTOR BERGANTIÑOS

Arredor de 75 pilotos participan o 1 de outubro no X Motocross Concello de Carballo, puntuable para o Campionato Galego

Mércores 28 de setembro do 2011

Respecto dos horarios, a cita comeza ás 9.00 horas coas verificacións administrativas e técnicas, co briefing previsto para as 11.00 horas. Os adestramentos libres comezan xusto a continuación, ata as 14.00 horas aproximadamente. Xa pola tarde, a partires das 16.00 horas, é a quenda das mangas, coa entrega de premios prevista para as 19.30 horas. Así mesmo, durante a entrega de premios, a organización sorteará un xamón entre o público asistente. Tanto o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, como o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, queren subliñar a cantidade de movemento que xeran este tipo de probas entre a hostalería e o comercio locais, así como a capacidade de convocatoria que teñen, con 2.000 personas como público na última proba de Motocross celebrada en Carballo. Juan Puga, de Motor Bergantiños, quixo subliñar que a cita conta coa presenza de pilotos que compiten a nivel mundial, e tamén resaltou que o circuíto ten experimentado melloras destinadas a redundar na vistosidade dos saltos. Engade que o cartel de pilotos de grande nivel aínda pode completarse nas próximas horas, pero, en todo caso, subliña que "o espectáculo xa está garantizado".

Así mesmo, Evencio Ferrero quixo agradecer o traballo de Juan Puga, que en cada proba consegue "traer a corredores que compiten no Campionato do Mundo e que forman parte da elite", e transmitiulle os seus parabéns á escudaría. No apartado de agradecementos, a escudaría quere mencionar aos colaboradores e patrocinadores: Carballo Deporte, a Deputación da Coruña, a Federación Galega de Motociclismo, Protección Civil de Carballo, a Fundación Deporte Galego da Xunta, Alquileres Reneymar, Creativa Digital, Moto Pasión, Marmolería José Rey, Horbesa, Big Mat Rega Morales, Divinity, e Beos. Os interesados e interesadas poden descargar o cartel anunciador da proba en pdf nesta mesma nova.

Compartir: