Inicio Carballo ao día Hemeroteca Principian os traballos para a dotación de...

O IMPORTE DAS MELLORAS ROLDA OS 120.000 EUROS

Principian os traballos para a dotación de redes de saneamento e abastecemento en Ardaña e Goiáns

Xoves 29 de setembro do 2011

Tanto os traballos para crear unha "Rede de saneamento e rede de abastecemento de auga en San Lois, parroquia de Ardaña" como os da "Rede de traída de auga e rede de saneamento en Bas, parroquia de Goiáns", foron adxudicados nunha Xunta de Goberno Local celebrada a finais do pasado mes de xuño. Tamén hai que mencionar que a Xunta de Goberno do pasado 12 de setembro supuxo a aprobación do expediente de contratación das obras para a construción da Praza pública en Sofán. Este proxecto xorde a raíz dunha iniciativa veciñal presentada ao abeiro do Regulamento de Participación Cidadá pola Asociación de Veciños San Salvador de Sofán. É a primeira vez que se emprega este mecanismo, que neste caso ten o obxectivo de adquirir unha parcela de 913 metros cadrados e ampliar o espazo público do adro da igrexa para poder celebrar as actividades parroquiais. A iniciativa consiste en que o proxecto finánciase ao 50 por cento entre o Concello e os veciños e que a Administración Local asumiu, así mesmo, a redación do proxecto. A actuación foi aprobada polo pleno do 29 de novembro de 2010 e incluída no POS. O prezo de licitación é de 184.160,20 euros.

Compartir: