Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT arrinca co "teatro de taberna"...

DO XOVES 6 AO MÉRCORES 12 DE OUTUBRO

O FIOT arrinca co "teatro de taberna" da Rúa dos Contos, que ofrece 14 espectáculos nas cafeterías, pubs e tascas de Carballo

Mércores 5 de outubro do 2011

Ademais, este ano introdúcense varias novidades. A primeira é que hai toda unha semana para desfrutar do "teatro de taberna" da Rúa dos Contos, cambiándose un pouco o formato espaciando as actuacións. A segunda, é que cada un dos días de Rúa dos Contos excepto o luns 10 (cunha única cita) hai dous espectáculos, entre as 21.00 e as 23.30 horas, sendo a primeira cita de cada día de balde, mentres que a segunda custa 2,5 euros con consumición incluída. Ademais, este ano os máis cativos e cativas teñen o seu propio espectáculo na Ludoteca Municipal. É o venres 7 de outubro ás 18.00 horas, cando o actor e director Santi Prego ofrece un contacontos con historias populares, romances medievais ou milagres do Camiño de Santiago: historias sorprendentes narradas por monicreques. Ademais dos xa mencionados, os artistas que participan en 2011 na Rúa dos Contos son os seguintes: Pajarito, Suso Cortegoso, Marta Lado, Fabulosos cubatas de Fockink brothers (na imaxe), Absurdia Teatro, Isla le Triska, Obras Públicas, Carmen Conde, Patricia Vázquez, Isabel Risco e Luís Zahera, o coñecido actor galego, famoso por series como "Piratas" ou películas como "Celda 211", que pecha o programa o mércores 12 de outubro ás 22.30 horas na Cervexaría Dublín. Os interesados e interesadas en consultar o programa da Rúa dos Contos ao completo, poden facelo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: