Inicio Carballo ao día Hemeroteca Arredor de trescentos rapaces e rapazas de seis...

MÉRCORES 12 DE OUTUBRO DE 9.00 A 20.00 HORAS

Arredor de trescentos rapaces e rapazas de seis clubes participan no VII Torneo Festas do Pilar de Baloncesto

Venres 7 de outubro do 2011

A organización da cita recae, ademais de no Club Baloncesto Artai e nas Escolas de Básket Xiria, no Padroado Deportivo Municipal, e conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto. Na rolda de prensa para falar do VII Torneo Festas do Pilar estiveron presentes, ademais de Joaquín Moreira e Evencio Ferrero, o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo; o xerente do Padroado Deportivo Municipal, Francisco García Bello; Diego Vázquez Reino en representación de Carballo Basket; e o delegado na Coruña da Federación Galega de Baloncesto, José Manuel Villamarín Couto. Precisamente este último afirmou que é "un orgullo" estar na presentación dun torneo que une "a dous clubes dos máis importantes da delegación" e que realizan un gran traballo cos rapaces "chegando algúns á selección galega, ou incluso á nacional". Diego Vázquez quixo subliñar o bo momento que vive o baloncesto en Carballo e manifestou a vontade de colaboración da entidade en seguir participando en actividades que fomenten a práctica deste deporte. Así mesmo, Evencio Ferrero manifestou a necesidade de que as administracións públicas contribúan ao fomento do deporte e subliñou que "Carballo ten uha oferta deportiva extraordinaria", sendo boa proba delo a celebración desta cita. Hai que mencionar que o torneo duplica o número de clubes respecto do ano pasado, no que só tomaron parte os locais e o Club Baloncesto Culleredo. Tamén se incrementa en arredor de 100 rapaces e rapazas o número de xogadores que participan.

Compartir: