Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Rúa dos Contos entra na súa recta...

NO PATACÓN, BOMBONERA, BAÑOS VELLOS E DUBLÍN

A Rúa dos Contos entra na súa recta final con Carmen Conde, Patricia Vázquez, Isabel Risco e Luís Zahera

Luns 10 de outubro do 2011

O mércores 12 é o momento de botar o peche definitivo, antes de que o venres 14 principien os espectáculos de sala. A actriz galega Isabel Risco trae á Rúa dos Contos o espectáculo cómico "As aventuras de Nabiza Girl". Nel conta as aventuras e desventuras e problemáticas dunha superheroína galega e rural. Isabel Risco ten colaborado no programa de televisión Land Rober e o seu último traballo é na curtametraxe "Tourettes". A cita é a partires das 21.00 horas na Cafetería dos Baños Vellos. E como remate, ocoñecido actor galego Luís Zahera participa por primeira vez na Rúa dos Contos cun monólogo divertido e sorprendente no que o públido poderá desfrutar do talento deste intérprete que conta cunha longa experiencia en cine e televisión, destacando entre os seus últimos traballos a serie "Piratas" ou a longametraxe "Celda 211". A cita é a partires das 22.30 na Cervexaría Dublín. A entrada custa 2,5 euros con consumición. Tamén hai que lembrar que hoxe, luns 10 de outubro, o Pub Silfo ofrece a súa segunda actuación da Rúa dos Contos despois de contar o sábado con Quico Cadaval. A compañía Obras Públicas presenta "O fútbol é así", unha comedia disparatada sobre o mundo do fútbol, a traves dos xornalistas deportivos, a afección dos equipos e os xogadores, mesturándoo todo con música e moito teatro. A cita é a partires das 22.00 horas e a entrada custa 2,5 euros con consumición.

Compartir: