Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo celebra a segunda edición da...

XOVES 20, VENRES 21 E SÁBADO 22 DE OUTUBRO

Carballo celebra a segunda edición da Oktoberfest con cervexa, concertos, concursos e comida típica

Venres 14 de outubro do 2011

Respecto das actuacións musicais, o venres 21 é a quenda dos grupos carballeses. Abren o concerto Versión Imposible, banda que nace no ano 2009 e está formada polos guitarristas Pepe Trámites, Fran, Xulio e Patricia ao baixo. Os seus compoñentes combinan experiencia e xuventude facendo versións e tamén preparando temas propios, despois de ter actuado en Carballo en numerosas ocasións. The Cerne fórmase a finais de 2005 coa intención de que un grupo de amigos lembrase vellos tempos musicais. A idea era pasalo ben versionando temas de grupos como Dire Straits, Gary Moore, The Police ou Pink Floyd e pouco a pouco ir introducindo temas propios. Inicialmente, a formación tiña 4 membros: Joaquín (batería), Fran (baixo), Garban (guitarra) e Guillermo (guitarra). Pero máis tarde fóronse incorporando Consuelo (voz), Manolo (teclados), Belén (voz) e José Manuel (voz), ademais de contar con numerosas colaboracións, por exemplo coas Cantareiras de Berdillo.

Xa o sábado 22 chegan dende Santiago Black Mammy. Esta banda de rock'n'roll está formada por ex compoñentes de anteriores formacións con similares inquedanzas e gustos musicais. Debutaron a finais de 2008 pero non é ata 2009 cando se presentan na súa cidade de orixe con 18 temas, 14 propios e 4 versións. Nestes momentos están ultimando a súa primeira maqueta.

Compartir: