Inicio Carballo ao día Hemeroteca Yllana recolle o Premio do Público entre...

O XOVES 20 ARRINCA O CICLO OTNI

Yllana recolle o Premio do Público entre aplausos e gargalladas nunha fin de semana de cheo absoluto no FIOT

Luns 17 de outubro do 2011

O FIOT comezou a conmemoración dos seus 20 anos de vida con teatro de calidade, de fóra e de aquí, e colgando o cartel de "non hai billetes". Respecto da venda de entradas para os espectáculos restantes, nestes momentos están agotadas para todas as funcións excepto "Wonderland" (venres 21), "Plecs" (sábado 29) e as tres correspondentes ao ciclo OTNI, que principia o xoves 20 de outubro. O OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado) é o espazo do festival que aposta pola vangarda e a innovación e que este ano presenta a súa segunda edición. Neste programa teñen cabida proxectos de carácter contemporáneo e cunha dimensión máis experimental, arriscada ou alternativa, empregando novas dramaturxias e códigos e linguaxes teatrais menos convencionais. Este ano, grande parte do OTNI céntrase nun movemento emerxente, vinculado á rúa e á improvisación, que está reclamando o seu lugar nos escenarios: o Novo Circo. O circo contemporáneo supón unha renovación de técnicas circenses mesturadas con disciplinas como a danza ou o audiovisual. Precisamente dúas compañías galegas (Lusco e Fusco e Desastronauts) amosarán o alto nivel do novo circo galego. Completa o OTNI unha sorprendente proposta concibida a modo de performance e animación audiovisual (stop motion) que sorprende polo seu carácter artesanal e orixinalidade: "That's the story of my life".

O OTNI ocupará un espazo alternativo, non exclusivamente teatral, situado tamén no Pazo da Cultura. Os interesados e interesadas en consultar o programa do OTNI ao completo, poden facelo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: