Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Alcalde de Carballo asina en Xestur a acta de...

QUEDA PENDENTE A INSTALACIÓN DO CABLEADO E ALUMEADO PÚBLICO

O Alcalde de Carballo asina en Xestur a acta de recepción das obras de urbanización do Parque empresarial de Bértoa

Xoves 20 de outubro do 2011

Deste xeito o Concello recibe os traballos de urbanización da primeira fase de ampliación do Parque empresarial de Bértoa, e tan só restaría a presentación das escrituras no Rexistro da Propiedade por parte de Xestur como último trámite para considerar o proceso definitivamente rematado. Esta ampliación do poligóno carballés foi inaugurada hai máis dun ano e supón a incorporación á superficie actual dun total de 718.482 metros cadrados, 458.619 dos cales corresponden a 146 parcelas para uso empresarial -128 de nova creación- e os 259.863 metros cadrados restantes a solo de cesión, destinado a zonas verdes, viales, zonas de aparcamento e parcelas de servizos técnicos e equipamento público que xestionará o Concello. O investimento total para a creación desta ampliación, coa que o polígono conta xa con 1,2 millóns de metros cadrados de superficie total, é de 25.736.341 euros, dos que case a metade destináronse á adquisición de terreos e a achega restante aos traballos de urbanización. A ampliación do polígono industrial de Bértoa comezou en 2004 mediante un plan posto en marcha polo anterior goberno da Xunta, que vén de culminar no presente mandato o goberno actual. Tamén hai que lembrar que nestes momentos está en marcha unha segunda ampliación do parque empresarial que sumaría outras 54 hectáreas de superficie.

Compartir: