Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado en Xunta de Goberno o II Plan de Mellora...

MELLORA DA CAPA DE RODADURA EN GOIÁNS E BERDILLO

Aprobado en Xunta de Goberno o II Plan de Mellora da Imaxe Comercial e Escaparatismo do Plan de Dinamización Empresarial

Luns 24 de outubro do 2011

Dentro do apartado de Promoción Económica, a Xunta de Goberno tamén supuxo a aprobación do programa do Feirón de Outono 2011, que se celebrará o domingo 30 de outubro. No apartado de expedientes de contratación, adxudicáronse o contrato de obras para a "Mellora da capa de rodadura no lugar de Xoane, parroquia de Goiáns" e o contrato de obras para a "Mellora da capa de rodadura no lugar do Añón, na parroquia de Berdillo". As dúas actuacións están incluídas no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de competencia municipal, POS 2011. Nos dous casos, a empresa adxudicataria é Construcciones Dámaso Ferreiro e Hijos SL e o prazo de execución previsto é de tres meses. Na mellora prevista para Xoane o prezo de adxudicación é de 113.059,93 euros, mentres que no Añón é de 136.509,81 euros. Así mesmo, a sesión supuxo a aprobación das Bases específicas e convocatoria para cubrir en propiedade como persoal laboral fixo, dúas prazas de auxiliar de axuda no fogar incluídas na Oferta de Emprego Público do Concello de Carballo para 2010. O proceso selectivo previsto é o de concurso oposición libre. O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Por último, a Xunta de Goberno Local aprobou o convenio de colaboracion asinado coa Deputación provincial para o sostemento do Grupo Municipal de Intervención Rápida (Grumir) e que supón unha achega máxima de 45.000 euros. Tamén houbo luz verde para a autorización de cinco vaos permanentes; once licenzas de obra; unha licenza de obra e apertura; cinco licenzas de primeira ocupación; e unha licenza de parcelación.

Compartir: