Inicio Carballo ao día Hemeroteca O FIOT entra na súa recta final coa...

VENRES 28 E SÁBADO 29 DE OUTUBRO ÁS 21.00 HORAS

O FIOT entra na súa recta final coa performance de Macarena Recuerda Sheperd e a estrea en Galicia de Enfila't

Mércores 26 de outubro do 2011

Macarena Recuerda é unha moza artista, nada en Sevilla, que ten colaborado con diferentes compañías francesas. É fundadora e integrante do colectivo Estraperlo, plataforma de novos creadores dificilmente etiquetables. Desde 2008 traballa nos seus propios proxectos, e o que presenta no OTNI é o terceiro. Na actualidade está preparando unha nova peza entre Barcelona e New York que se estreará en maio de 2012. "That’s the story of my life" é unha perfomance dedicada a Mr. Polissó, coa colaboración do artista Manu Morales e a participación de Lorea Uresberueta e Mónica del Castillo. O prezo da entreda é de 4 euros e a duración prevista do espectáculo é de 50 minutos.

No caso de "Plecs" (na imaxe), o FIOT afúndese por terceira vez nesta edición no xénero do Novo Circo. O espectáculo é unha auténtica delicia que desborda ao espectador polos contínuos estímulos que recibe, e o seu planteamento poético. Unha proposta que fai unha insólita combinación de teatro, circo, música e movemento para falarnos das dobreces do papel, metáfora dos cambios que sufrimos co paso do tempo. Obstinámonos en crer que a vida é unha partitura escrita, pero con cada dobrez nos sorprende, nos golpea. Enfila't, compañía catalá creada hai dous anos, estrea en Galicia este espectáculo precedido de importantes éxitos de público e crítica, como o premio ao mellor espectáculo de circo de Cataluña no ano 2010. Este obra é froito da creación colectiva a partir do guión do artista Manolo Alcántara e do escenógrafo Xavier Erra e a dirección de Enric Ases, vinculado a compañías como La Fura del Baus ou Tricicle. O prezo da entrada é de 6 euros e a duración prevista do espectáculo, de 65 minutos.

Compartir: