Inicio Carballo ao día Hemeroteca Formalizada a recepción das obras da...

A EXPLOTACIÓN DA EDAR COMEZA A PRINCIPIOS DE NOVEMBRO

Formalizada a recepción das obras da Estación Depuradora de Augas Residuais de Baldaio e dos seus colectores e bombeos

Mércores 26 de outubro do 2011

Con esta nova Estación, situada en Rebordelos, cóbrese o servizo para os núcleos de Castro, Igresario, Sambade, Rebordelos, Pedra do Sal, Imende, Casadelas, Noicela e O Rapadoiro do municipio carballés. A nova EDAR é unha depuradora biolóxica de lodos activados mediante sistema de aireación prolongada con eliminación, ademais de desinfección por raios ultravioleta. A depuradora permitirá a eliminación das fosas sépticas no entorno da Lagoa de Baldaio, ademais de minimizar as verteduras neste espazo de especial relevancia ecolóxica. Nestes momentos, o Concello de Carballo conta con estacións depuradoras na capital municipal, en Artes, Ardaña, Razo, Baldaio e Cances. No que se refire ao tratamento e abastacemento de augas, hai que lembrar que o Concello carballés ten en marcha nestes momentos o "Proxecto Anllóns-Bardoso. Posta en valor dos ríos" que conta cun orzamento global de 4.145.796,5 euros. O obxectivo da iniciativa é a ampliación e mellora do subministro de auga potable de Carballo. O proxecto, elaborado por Valora Consultaría e Innovación, propón repartir a presión da auga entre o río Anllóns e o Bardoso, facendo a captación dende dúas canles. Esta iniciativa estaría financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), cunha axuda dun total de 2.902.057,59 euros.

Compartir: