Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde no pleno para a suba da taxa de...

A CORPORACIÓN REXEITA O INCREMENTO DO IVTM

Luz verde no pleno para a suba da taxa de recollida de lixo e para a adaptación doutras tres taxas ao IPC

Xoves 27 de outubro do 2011

Deste xeito, os abonos individuais polo uso das instalacións deportivas pasarían de 15 a 15,71 euros; os da mocidade, de 12, a 12,56 euros; os bonos de mañá pasaría de 13 a 13,61 euros; os familiares de 20 a 20,94 euros; e os de maiores de 60 anos de 12 a 12,56 euros. No caso dos abonos para colectivos desfavorecidos, de 9 euros, o prezo permanecería inalterable. A cota do ximnasio tamén queda estancada en 6 euros. Xa fóra das propostas para actualizar as ordenanzas fiscais, o pleno sacou adiante a adxudicación definitiva dos postos do mercado municipal, en ocupación provisional despois das obras de reforma integral. O acordo implica que os concesionarios pasarán a ocupar definitivamente os postos que viñan ocupando ate o de agora e designados para a apertura despois da remodelación. Por último, a sesión supuxo a aprobación por unanimidade da Declaración Institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres; e tamén o informe de tesourería e intervención de loita conta a morosidade, que reflicte o importe das facturas impagadas polo Concello no prazo de 50 días. Neste caso, recóllense 206.963,87 euros en facturas pendentes de abono.

Para rematar, a sesión supuxo a ratificación da renuncia do Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel García Guillín, que deixa o seu posto por motivos laborais. Ocupará o seu lugar no salón plenario o número 11 das listas do BNG, Daniel Pérez.

Compartir: