Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo remite o Plan Xeral de...

A CORPORACIÓN COMPROMÉTESE A AXILIZAR A APROBACIÓN INICIAL

O Concello de Carballo remite o Plan Xeral de Ordenación Municipal á Xunta para que emita o informe previo

Xoves 27 de outubro do 2011

Por último, acadouse na xuntanza o compromiso dos grupos políticos municipais para comezar de inmediato reunións da Comisión de Urbanismo e avanzar no traballo de cara á aprobación inicial do PXOM. Unha vez que o Concello remita a documentación do PXOM á Xunta, a administración autonómica ten un período de dous meses para elaborar un informe previo no que poden achegarse observacións ou sinalarse defectos que haxa que subsanar. Este documento remíteselle ao Concello para que realice as modificacións pertinentes e leve o documento ao pleno da corporación para a súa aprobación inicial. Unha vez ratificado o PXOM polo pleno, establécese un período de expos¡ción pública no que se poden presentar alegacións, pero no que tamén se deben realizar informes sectoriais ou remitir notificacións aos concellos colindantes, entre outros trámites. Paralelamente realízase así mesmo o trámite de información ambiental. De ser superado, o PXOM mantén a memoria ambiental orixinal, pero de haber puntualizacións, deberán terse en conta e incluírse no documento. Despois de culminar ese proceso e da resolución de alegacións, o planeamento volve ao pleno para a súa aprobación provisional e finalmente, remítese por última vez á Xunta para a súa aprobación definitiva. Trátase dun proceso longo que o Goberno local espera axilizar na medida do posible, pero sempre ofrecendo as garantías legais e normativas oportunas.

Compartir: