Inicio Carballo ao día Hemeroteca Milagros Lantes e Xosé Regueira asumen as...

ESPÉRASE QUE DANIEL PÉREZ TOME POSESIÓN NO PRÓXIMO PLENO

Milagros Lantes e Xosé Regueira asumen as competencias das áreas do xa ex concelleiro Xosé Manuel García Guillín

Venres 28 de outubro do 2011

Os voceiros de todos os grupos políticos da corporación xa recibiron comunicación por parte da Alcaldía desta redistribución de áreas. A delegación de competencias é efectiva dende o día seguinte á sinatura do decreto, que tamén será publicado no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Xosé Manuel García Guillín deixa o seu posto por motivos laborais e persoais. Así, está previsto que fixe o seu traballo e a súa residencia en Nova Yok, Estados Unidos. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, ten manifestado que lle agradece a Guillín o traballo desenvolvido até o de agora, especialmente "pola súa capacidade de innovar e estar en permanente contacto coa sociedade carballesa". Tamén desexou "que non o botemos moito de menos", porque iso quererá dicir que as cousas seguen a marchar ben na súa área para os veciños e veciñas de Carballo, e desexoulle así mesmo "moitísimos éxitos nese novo reto persoal e profesional que emprende en Nova York". Estes bos desexos foron compartidos polos membros da corporación carballesa, xa que no pleno da súa despedida todos os grupos políticos valoraron o traballo que ten realizado nos últimos anos no seu cargo e nalgún caso incluso subliñaron o seu entusiasmo como concelleiro.

Compartir: