Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo conmemora o Día Internacional da...

MON LENDOIRO PRESENTA "ANÓNIMAS"

Carballo conmemora o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres con obradoiros e exposicións

Xoves 3 de novembro do 2011

Mon Lendoiro xa creara unha primeira serie de "Anónimas" (unha das súas obras na imaxe) deixando no tinteiro tras a súa anterior exposición moitas mulleres aínda por retratar ou caracterizar, mulleres que agora recupera para esta mostra. Respecto das técnicas empregadas, a diferenza da anterior, nesta decidiu cambiar o seu formato, pasando do papel A3 a lenzo de grande escala. Entre as mulleres representadas, algunhas nin se coñecen, outras non teñen nada en común, outras aparecen soas xunto aos seus fillos ou son irmás, aínda que non aparezan xuntas. O título de "Anónimas", xorde porque para o visitante, o rostro destas mulleres seralles completamente descoñecido. Observará, no seu conxunto, a mulleres en actitudes e estados diferentes. Vistas sempre dende unha perspectiva infantil, que nos indica que pode referirse a calquera muller do noso ámbito. A ausencia do home nestes retratos non ten ningunha connotación, senón que para eles, nun futuro, Mon Lendoiro espera crear a súa propia serie.

Para completar as actividades do 25 de novembro, desde o mércores 16 até o mércores 30 de novembro, nos CEIP e IES de Carballo impartiranse os obradoiros "Medios visuais e prevención da violencia de xénero" nos que participarán os alumnos/as de quinto de Primaria e cuarto de ESO nos que se falará acerca do tratamento que os medios de comunicación (prensa, radio e televisión) fan acerca da violencia de xénero, dos estereotipos e da igualdade. Así mesmo, hai que lembrar que na sesión plenaria de outubro, toda a corporación aprobou por unanimidade unha Declaración Institucional do Concello de Carballo contra a Violencia de Xénero. Os interesados e interesadas poden consultar o texto desta declaración nesta mesma nova nun documento en pdf.

Compartir: