Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xestur Coruña vén de escriturar as...

XA PODE TRAMITARSE A OCUPACIÓN DOS TERREOS

Xestur Coruña vén de escriturar as parcelas da ampliación do Parque Empresarial de Bértoa

Luns 14 de novembro do 2011

Dos 718.482 metros cadrados da nova ampliación, 458.619 corresponden a 146 parcelas para uso empresarial -128 de nova creación- e os 259.863 metros cadrados restantes a solo de cesión, destinado a zonas verdes, viales, zonas de aparcamento e parcelas de servizos técnicos e equipamento público que xestionará o Concello. O investimento total para a creación desta ampliación -que converte o polígono de Bértoa nun parque empresarial que supera os 1,2 millóns de metros cadrados- é de 25.736.341 euros, dos que case a metade destináronse á adquisición de terreos e a achega restante aos traballos de urbanización. A ampliación do polígono industrial de Bértoa comezou en 2004 mediante un plan posto en marcha polo anterior goberno da Xunta, que vén de culminar no presente mandato o goberno actual. Tamén hai que lembrar que nestes momentos está en marcha unha segunda ampliación do parque empresarial que sumaría outras 54 hectáreas de superficie. O obxectivo é crear unha área industrial de preto de dous millóns de metros cadrados con conexión directa coa Coruña e Santiago, así como co porto exterior de Punta Langosteira. Os interesados e interesadas poden consultar a normativa urbanística do proxecto sectorial e obter máis información premendo aquí.

Compartir: