Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 500 mozos e mozas de Primaria e...

DO 17 A 29 DE NOVEMBRO NOS CEIP E IES DE CARBALLO

Máis de 500 mozos e mozas de Primaria e Secundaria participan en obradoiros de sensibilización contra a violencia de xénero

Mércores 16 de novembro do 2011

Estes obradoiros serven para complementar outras iniciativas organizadas pola Concellaría de Igualdade e Benestar que dirixe Silvana Castro. Entre elas hai que subliñar a celebración un ano máis da Feira das Asociacións, actividade que se vén realizando desde o ano 2004 co obxectivo de sensibilizar á poboación de Carballo acerca da violencia de xénero e sobre o labor que desempeñan as asociacións que traballan a prol da igualdade da muller. Así mesmo, o Concello está inmerso na elaboración do III Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres de Carballo, que está previsto aprobar nas próximas semanas. Por último, hai que lembrar que o andar -1 do Pazo da Cultura acolle nestes momentos exposición "Anónimas" cuxo autor é o coñecido artista carballés Mon Lendoiro. Organizada polo Centro de Información á Muller (CIM) de Carballo, é posible visitala até o 30 de novembro. Esta colección de retratos é unha serie pictórica que o autor comezou hai uns dous anos, coma un pequeno homenaxe ás mulleres que son e forman parte da súa vida e polas cales sinte unha grande e fonda admiración. Así, hai mulleres independentes, fortes, valentes, inocentes, divertidas, coquetas, vulnerables ou enxeñosas e, ante todo, moi humanas.

Así mesmo, na sesión plenaria do mes de outubro toda a corporación aprobou por unanimidade unha Declaración Institucional do Concello de Carballo contra a Violencia de Xénero. Os interesados e interesadas poden consultar o texto desta declaración nesta mesma nova nun documento en pdf.

Compartir: