Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os alumnos de 1º de Bacharelato de Carballo...

22, 23 E 29 DE NOVEMBRO EN HORARIO LECTIVO

Os alumnos de 1º de Bacharelato de Carballo participan nos obradoiros "Ops! (o português simple)"

Luns 21 de novembro do 2011

O motivo desta actividade é pór en valor a lingua propia de Galiza, facendo ver a súa potencialidade e contrarrestando os prexuízos que a infravaloran, pois, coñecendo o galego, accédese moi facilmente ao portugués, unha das linguas máis faladas no mundo (con máis de 200 millóns de falantes), oficial en catro continentes e en oitos países, entre os que está o Brasil, unha potencia emerxente na actualidade. Ademais, tamén é intención dos obradoiros "Ops!" facerlles ver aos/ás estudantes que, sabendo galego, cunhas nocións básicas de escrita e pronuncia do portugués, xa poden acceder a esta lingua, e pode formar parte do seu currículo amosando a potencialidade do galego para comunicarse con máis de 200 millóns de falantes do mundo.

Compartir: