Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concerto do Conservatorio carballés, a...

ENTRE O XOVES 24 E O DOMINGO 27 NO PAZO DA CULTURA

O Concerto do Conservatorio carballés, a música de autor, as corais e o ciclo En Familia: no Novembro con música

Mércores 23 de novembro do 2011

Este mes, dedicado á música e a todas as actividades vinculadas a ela, organízase desde o Concello de Carballo -a través da Concellaría de Cultura- e conta coa colaboración das Agrupacións Musicais de Carballo e da Deputación da Coruña. E no concerto do Conservatorio, ademais da música clasica, coa presenza da Orquestra Xuvenil de Corda, unha das promesas máis fortes do Conservatorio xa que non son formacións fáciles de atopar debido á súa composición instrumental, hai que subliñar o repertorio da Big Band. Está integrado por unha serie de temas musicais que lembran aos clubs de baile de cidades como New York, Chicago ou New Orleans e animará o peche do concerto, incluíndo ademais un par de temas de carácter latino. A dirección da Big Band corre da man de Miguel Suárez Barros. Pero o Novembro con Música continúa toda a fin de semana. Así, o programa segue o venres cun concerto organizado pola AC Lumieira en Lembranza a Xosé Manuel Eirís e no que actuarán Miro Casabella, Luís Pastor e Uxía. O sábado, co festival de corais en honra a Santa Cecilia 2011 que organiza a Coral Polifónica de Bergantiños; e o domingo, cun concerto moi especial para toda a familia a cargo do grupo Chimpín Express, que porá en escena un conto musicado que se titula "O tren dos contos".

Os interesados e interesadas en obter máis información sobre o Concerto de Miro Casabella, Luís Pastor e Uxía, poden consultar un documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: