Inicio Carballo ao día Hemeroteca Máis de 750 rapaces e rapazas participan...

MÉRCORES 30 DE NOVEMBRO A PARTIRES DAS 10.00 HORAS

Máis de 750 rapaces e rapazas participan na carreira de campo a través que ten lugar no Parque Empresarial de Bértoa

Luns 28 de novembro do 2011

Respecto do programa, a proba comeza ás 10.00 horas coa retirada de dorsais, e as saídas nas distintas categorías produciranse na seguinte orde, a partir das 10.15 horas, cada quince minutos: cadete masculino (2.500 m); cadete feminino (1.200 m); infantil masculino (1.200 m); infantil feminino (800 m); alevín masculino (800 m); alevín feminino (600 m); benxamín masculino (500 m); benxamín feminino (500 m). Os interesados e interesadas en conseguir a normativa da proba ou en obter máis información, poden poñerse en contacto co Padroado Deportivo Municipal, na rúa Vila de Corcubión, s/n ou chamar ao 981 702 109, no seguinte horario: pola mañá, de luns a venres de 8.30 a 14.00 horas; pola tarde, martes e xoves de 17.00 a 19.00 horas. Esta carreira de campo a través está incluída nas actividades do programa DXT na escola que organiza o Padroado Deportivo Municipal, en colaboración co Concello. O obxectivo da iniciativa é o de promover o deporte nos centros de ensino. O programa mobiliza a máis de 60 monitores/as, que se encargan de ofrecer un abano de actividades físicas gratuítas aos escolares do municipio.

Compartir: