Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro de Formación realiza o proceso de...

O OBXECTIVO É FACILITAR A INSERCIÓN NO MERCADO LABORAL

O Centro de Formación realiza o proceso de homologación profesional dos alumnos do Curso de soldadura

Mércores 30 de novembro do 2011

Juan Lorenzo explica que estas homologacións son exames que os soldadores probablemente teñan que repetir no futuro, porque as empresas adoitan a efectuar un control cada poucos meses entre os seus traballadores, e incluso antes de formalizar a contratación. Deste xeito, a proba realizada no Centro de Formación serve tamén como práctica de cara ao futuro. Os resultados coñeceranse nos próximos días, cando se entreguen os certificados. O obxectivo e manter uns elevados niveis de capacitación, niveis que se incrementarán aínda máis cando se formalice o traslado ás novas instalacións do Fórum Carballo. Hai que lembrar que o Centro Municipal de Formación naceu no ano 1991 e hoxe en día está recoñecido coma un dos centros de Formación Ocupacional máis importantes de Galicia. As súas iniciativas van encamiñadas a facilitar as posibilidades de acceso ao mundo laboral dos diferentes colectivos en situación de desemprego. Dende 1997 o Centro Municipal de Formación é Centro Colaborador do Servizo Galego de Colocación, hoxe coñecido como Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).

Compartir: