Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Brigada de Obras emprende traballos de rebacheo...

REXISTRADOS 380 AVISOS VECIÑAIS NOS TRES ÚLTIMOS MESES

A Brigada de Obras emprende traballos de rebacheo e arranxo de beirarrúas en todo o territorio municipal

Xoves 1 de decembro do 2011

Así mesmo, esta dispoñible o balance dos avisos rexistrados durante os meses de setembro, outubro e novembro. Así, a Brigada de Obras ten atendido e solucionado un total de 380 demandas de arranxos e melloras por parte dos veciños e veciñas do municipio. Como é habitual, a maior parte destas peticións refírense ao alumeado público, cun total de 247 avisos, o que supón o 65 por cento do total. Hai que lembrar que o Concello de Carballo conta en todo o territorio municipal con máis de 8.000 puntos de luz. No que vai de ano 2011, as melloras demandadas polos cidadáns a través da Brigada de Obras chegan a 1.229, cun total de 743 referentes ao alumeado. Os cidadáns poden denunciar as deficiencias ou demandar os arranxos que consideren oportunos en materias como o programa Carballo Limpo, a limpeza de espazos públicos, a reparación de mobiliario urbano, o mantemento de edificios e instalacións deportivas, problemas cos servizos de auga, luz ou saneamentos ou a reparación e substitución de sinais de tráfico e indicadores ou o arranxo de fochas. Calquera veciño ou veciña pode formalizar as súas peticións a través do 981 704 700 ou ben no correo <infocarballo@carballo.org>. Tamén pode facerse persoalmente na Casa do Concello.

Examinando os datos máis polo miúdo, en segundo lugar tralas demandas referidas ao alumeado están as relacionadas co programa Carballo Limpo, que abranguen as peticións sobre recollida selectiva de lixo, o Punto Limpo, a recollida de cartón ou a desratización. Nos tres últimos meses rexistráronse 84 avisos (33 e setembro, 51 en outubro e 0 en novembro) que supoñen o 22 por cento do total. Os servizos en xeral de auga, luz, recollida de lixo, saneamento ou teléfono, ocupan o terceiro lugar con 38 demandas, un 10 por cento do total (16 en setembro, 7 en outubro e 15 en novembro). As solicitudes relacionadas coa substitución ou arranxo do mobiliario urbano e co mantemento de edificios ou infraestruturas deportivas, son as cuartas máis habituais, cun total de 6 avisos, 3 en setembro e novembro e ningún en outubro. As reparacións, substitucións ou colocación de sinais de tráfico e carteis e paneis indicadores suscitaron 3 peticións, unha en outubro e dúas en novembro. As denuncias sobre fochas ou arranxos en beirarrúas e na rede viaria municipal tan só foron dúas, todas no mes de novembro.

Analizando os datos por parroquias, as que ocupan os primeiros postos, como vén sendo habitual, son Carballo, Rus e Sofán, por esta orde. A actividade foi menor en Rebordelos, Vilela e Aldemunde.

Compartir: