Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Alcalde recibe no Concello aos campións...

GAÑARON NAS CATEGORÍAS Q2 E -1600

O Alcalde recibe no Concello aos campións galegos de Quadcross e Autocross de EcoQuad Galicia e Bergantiños Motor

Venres 2 de decembro do 2011

Dani Remuiñán e Alfonso Álvarez falaron do seu futuro no mundo do motor e das anécdotas vividas nos circuítos e tamén tiveron a oportunidade de asinar no Libro de Honra do Concello. Durante o encontro, a Escudaría Bergantiños Motor tamén anunciou que estes días tres dos seus pilotos viaxan a Marrocos para participar no Maroc Challenge, unha cita que se desenvolve entre o 4 e o 9 de decembro. Trátase dun raid de baixo custo que supón o percorrido de 2.000 quilómetros a través dos desertos e montañas do país africano, con saída en Tánxer e chegada na praia de Essaouira. Bergantiños Motor naceu en 2009 coa finalidade de recuperar a tradición do motor na comarca. A entidade encárgase de eventos automobilísticos, sobre todo dentro da disciplina de autocross, modalidade que dende sempre posuíu un peso moi importante no seo da zona. Pola súa banda, Ecoquad Galicia é unha escudaría que xorde da unión dun grupo de amigos unidos polas mesmas inquedanzas que crean esta entidade baseada fundamentalmente na non agresión ao entorno natural compatibilizando o medio coa súa afección aos quads. Organizan habitualmente rutas para sensibilizar da importancia da protección do medio ambiente. Coa reapertura do Circuíto Municipal de Motor de Bértoa, o club tamén participa nos campionatos que se desenvolven en diferentes modalidades deportivas como quadcross e enduro.

Compartir: