Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello percibirá da Xunta o importe...

APROBADAS AS BASES DO PROXECTO "CARBALLO EN MOVEMENTO"

O Concello percibirá da Xunta o importe íntegro acordado polos traballos de mellora da seguridade vial na travesía de Malpica

Luns 5 de decembro do 2011

A sesión tamén supuxo a aprobación provisional do Plan especial de dotacións para o establecemento dun centro docente en solo rústico de protección ordinaria na Avenida de Razo, un trámite que se refire ao proceso para a legalización do Colexio Artai. No apartado de urbanismo recibiu así mesmo a aprobación provisional o Plan de sectorización no ámbito SRAU Industrial 3, unha das áreas pendentes de desenvolver no Parque Empresarial de Bértoa, emprazada na zona noreste, e sendo o solicitante a entidade Xestur A Coruña. No apartado de contratación, adxudicouse o contrato administrativo de "Asesoría psicolóxica do Centro de Información á Muller (CIM)" de Carballo por un prazo de dous anos. Por este servizo préstase atención, especialmente, ás vítimas de violencia de xénero. Así mesmo, adxudicouse o contrato de "Subministro por renting, de catro copiadoras con destino ás oficinas municipais do Concello de Carballo", por un importe de 28.893,20 euros. Ademais, deuse luz verde ao expediente de contratación para o servizo de "Asesoría xurídica do Centro de Información á Muller de Carballo", que inclúe, ademais do asesoramento, a participación nas actividades do CIM, a elaboración de memorias ou a realización de trámites no xulgado.

Por último, a Xunta de Goberno supuxo a dación de conta do Convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo para o sostemento dun Grupo Municipal de Intervención Rápica (Grumir); a modificación de lonxitude ou capacidade, ou o cambio de titularidade de seis vaos permanentes; a concesión de nove licenzas de obra, unha delas para a construción de tres naves industriais no Parque Empresarial de Bértoa; de tres licenzas de primeira ocupación; dunha de obra e apertura e dunha licenza de parcelación.

Compartir: