Inicio Carballo ao día Hemeroteca Eleccións dos representantes da...

MARTES 13 DE DECEMBRO A PARTIRES DAS 9.30 HORAS

Eleccións dos representantes da dirección e o alumnado dos centros de ensino e das asociacións no Consello Escolar Municipal

Luns 12 de decembro do 2011

Respecto dos detalles da xornada electoral, o proceso para os directores -que contan con tres candidaturas- ten lugar no CEIP Bergantiños en única convocatoria, dende as 9.30 até as 11.00 horas; no caso do alumnado dos centros de ensino -que presenta dúas candidatas- o proceso de elección desenvólvese en cada un dos centros no seguinte horario: no CPR Artai, ás 11.00 horas; no IES Isidro Parga Pondal (na imaxe), ás 12.00 horas; no Alfredo Brañas, ás 13.00 horas; e no IES Monte Neme, ás 14.00 horas; por último, no que se refire ás asociacións -con cinco candidaturas-, o proceso ten lugar, nunha sala habilitada para tal fin, no Pazo da Cultura, dende as 20.00 até as 21.00 horas. O único requirimento para exercer o dereito ao voto é a presentación do DNI. No caso das asociacións votarán os/as presidentes/as de cada entidade ou a persoa da directiva en quen deleguen, emitíndose un único voto por asociación. O Consello Escolar Municipal subliña a representatividade das e dos protagonistas directos da acción educativa para asegurar a fluidez de comunicación cos consellos escolares de centros e acadar, por outra banda, un alto nivel de interlocución co propio goberno municipal, co obxectivo de buscar entre todos e todas (a institución municipal, profesorado, alumnado, nais, pais, etc.) un ensino de calidade.

O presidente do Consello Escolar Municipal de Carballo será o Alcalde, Evencio Ferrero. Por parte da corporación municipal tamén contarán con representación no organismo a Concelleira de Educación, Mar Eirís; e a concelleira do PP Bibiana Bértoa.

Compartir: