Inicio Carballo ao día Hemeroteca Luz verde ao expediente para contratar a...

ADXUDICADAS AS BOLSAS DE ESTUDO E TRANSPORTE DO CURSO 2011-2012

Luz verde ao expediente para contratar a "Coordinación, xestión e seguimento do 'Proxecto Anllóns-Bardoso. Posta en valor dos ríos'"

Luns 19 de decembro do 2011

Outro dos asuntos da orde do día foi a adxudicación das bolsas de estudo e transporte para o curso 2011-2012, que teñen un importe global de 20.240 euros. Presentáronse un total de 329 solicitudes, das que 272 foron para bolsas de estudos, 6 para bolsas de transporte e 49 para as dúas axudas. Tres solicitantes presentaron a súa renuncia á convocatoria e resultaron exluídas 49 por diversas causas, como por exemplo non cumprir cos requisitos económicos. Finalmente concedéronse 160 bolsas, excluíndose 170 por non acadar a puntuación esixida. O Concello de Carballo convoca as súas propias bolsas de estudos e de transporte co obxecto de axudar a aquelas familias que están nunhas condicións socioeconómicas máis desfavorables a afrontar os gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas. Están dirixidas ao alumnado de Segundo Ciclo de Educación Infantil, Bacharelato ou Ciclos Formativos de Grao Medio ou Superior e Estudos Universitarios de Grao Medio ou Superior. Non se inclúen nesta convocatoria os alumnos de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria por ser beneficiarios dos programas de axudas da Xunta de Galicia. Por ultimo, a Xunta de Goberno supuxo a adxudicación dun vao permanente, de tres licenzas de obra, dunha licenza de primeira ocupación e dunha licenza de parcelación.

Compartir: