Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado por unanimidade do pleno o contrato para...

LUZ VERDE PARA A ORDENANZA FISCAL DE RECOLLIDA DE LIXO

Aprobado por unanimidade do pleno o contrato para a concesión de once novos postos do mercado municipal

Martes 20 de decembro do 2011

Na valoración da actividade económica inclúense aspectos como o desenvolvemento de promocións, a inclusión do comercio electrónico, a posibilidade de pago con tarxeta ou o servizo a domicilio, entre outras melloras. Así mesmo, unicamente no caso dos postos de produtos perecedoiros, terase en conta a experiencia anterior do ofertante nunha actividade similar ou o feito de que teña formación regrada nese ámbito. A sesión supuxo así mesmo a aprobación definitiva da Ordenanza fiscal nº 6 reguladora do servizo municipal de recollida de lixo e residuos sólidos urbanos. Despois da desestimación por parte do servizo de xestión e inspección tributaria e catastral do Concello da única alegación presentada, a ordenanza recibiu mo pleno o visto bo definitivo. A modificación implica a suba da taxa de recollida de lixo, un incremento que xorde a raíz dun acordo entre os alcaldes dos tres partidos políticos que gobernan nos concellos de Bergantiños, manténdose os mesmos prezos en Carballo, A Laracha e Coristanco. A partir de agora o pago queda establecido en 61,37 euros ao ano para as vivendas do casco urbano e de 49,10 no rural.

Por último, a sesión deu conta da designación dos membros que forman parte da Comisión Informativa especial de investigación da presunta contratación irregular dunha persoa polo Concello de Carballo nos procesos de selección de auxiliares de axuda a domicilio celebrados dende o ano 2007. A comisión celebrou a primeira xuntanza o martes 20 de decembro ás 12.00 horas coa presenza dos concelleiros Xose Regueira, Luís Lamas, Marcos Trigo (BNG), Miguel Ángel Ferreiro, Juan Carlos Castro (PP), Manuel Andrade (TEGA) e José Antonio Viña (PSOE). Acordouse por unanimidade que o presidente da comisión sexa José Antonio Viña e está previsto avanzar nos traballos de investigación ao longo deste mes.

Compartir: