Inicio Carballo ao día Hemeroteca Tres premiadas con vales de 150 euros no sorteo...

HABERÁ UNHA NOVA RIFA O 20 DE XANEIRO DE 2012

Tres premiadas con vales de 150 euros no sorteo da campaña "Este inverno presume de praceiro/a"

Venres 23 de decembro do 2011

Hai que subliñar que os cheques serán cambiables unicamente no propio mercado en forma de desconto nas próximas compras a través de vales por un importe de 5 euros. A validez dos cupóns remata o 28 de febreiro de 2012. Como anécdota, hai que mencionar que Marta Mariño Louzao resultara agraciada en 2010 co primeiro premio no sorteo realizado no marco da anterior edición desta mesma campaña. Por último, hai que subliñar que a partires do 9 de xaneiro de 2012 e até o día 20 os interesados e interesadas aínda poden participar nesta iniciativa a través dun segundo sorteo que se desenvolverá o día 20. A actividade suspéndese entre o 23 de decembro e o 9 de xaneiro para non interferir na campaña promocional de Nadal. O obxectivo desta campaña é incentivar o consumo de produtos perecedoiros frescos e resaltar os valores de compra nos mercados, así como a posta en valor dos profesionais que traballan cada día neles. Os interesados e interesadas en obter máis información poden facelo na web no Portal do Comerciante, dispoñible nesta mesma nova.

Compartir: