Inicio Carballo ao día Hemeroteca Un "Caleidoscopio" escultórico...

DE 18.00 A 21.00 HORAS ATÉ O 23 DE XANEIRO

Un "Caleidoscopio" escultórico que reflicte "a realidade visible e a invisible": en forma de exposición no Pazo da Cultura

Venres 23 de decembro do 2011

En "Caleidoscopio" seica a pedra transfórmase nunha mazá, nun baile de sedución, nunha Eva, nun suspiro, nunha pelvis, nun eclipse. Seica a madeira transmútase nunha figura feminina, noutra masculina ou nalgunha figura misteriosa. Seica o metal dóbrase nunha voltereta, nunha cárcere, nas curvas dun corpo, nun intestino ou nun barco atrapado nas rochas. E, sobretodo, seica a realidade pasa pola visión de cada artista, espellada na habilidade para expresar en volúmenes as súas vivencias, os seus desexos ou os seus medos. Os artistas queren agradecer a colaboración na mostra dos profesores de escultura da Escola de Artes Mestre Mateo, á fotógrafa Helena Ayape Guisan e ao deseñador Gráfico Nicola Donelli. Así mesmo, Chiña expresou o agradecemento de todos ao Concello de Carballo por ofrecerlle a oportunidade de amosar os seus traballos. O Alcalde, Evencio Ferrero, transmitiu os seus parabéns "para quen dende o voso interior fóchedes dando forma a estas esculturas" e desexou "que no ano 12 veñan ducias de boas ideas de boas noticias". Os interesados e interesadas poden visitar a exposición até o 23 de xaneiro na sala de exposicións da saña da baixocuberta do Pazo da Cultura (situada no 3º andar) no horario habitual, de 18.00 a 21.00 horas.

Esta cita está incluída no programa do Nadal Cultural 2011. Os interesados e interesadas en consultar as actividades ao completo, poden descargar o programa e pdf nesta mesma nova.

Compartir: