Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Nadal Pequespectacular principia cos...

LUNS 26 DE DECEMBRO ÁS 17.30 E 18.30 HORAS

O Nadal Pequespectacular principia cos "Zapatos" da compañía Caramuxo Teatro

Venres 23 de decembro do 2011

Pero o Nadal Pequespectacular continúa o resto da semana. O martes 27 chega a compañía Tanxarina Teatro co espectáculo "Trogloditas". Tres actores cos seus monicreques convídannos a entrar no primeiro teatro da prehistoria. Un espectáculo de humor, cunha ambientación sorprendente, unha orixinal linguaxe e unha escenografía 'prehistórica'. Este espectáculo ten tamén aforo limitado de 250 persoas e está destinado para público a partir de 5 anos. O mércores 28, o programa segue coa compañía Talía Teatro que presenta "Carta urxente para Máximo Toxo". Comedia infantil e acrobática para ver dous personaxes ben distintos: o antipático escritor Máximo Toxo e a súa vitalista carteira Belinda. Este espectáculo está destinado para público a partir de 4 anos. O xoves 29, o público poderá desfrutar da maxia a cargo do Mago Cayetano Lledó. Espectáculo cheo de moito humor, de malabarismos imposibles, de mentalismo sorprendente ou de divertidos números de clown. Este espectáculo está destinado para público a partir de 4 anos.

E para finalizar esta programación infantil teremos o venres 30 de decembro á compañía Sarabela que presenta "Konrad, o neno que chegou nunha lata de conservas". Unha obra de teatro que conta a sorprendente historia que da vida do neno Konrad, que chegou á casa da súa nai nunha lata de conservas e atopa a unha nai recén estrenada, pouco disciplinada e atípica que axuda a poñer de manifesto as contradiccións e a hipocrisía da contorna social. Este espectáculo está destinado para público a partir de 6 anos. Todas as representacións teñen lugar ás 18.00 horas (agás as do luns 26 de decembro) e custan 2,5 € (2 € con desconto para os menores de 12 anos e maiores de 65), agás a do venres 30 de decembro que custa 3,5 € (2,5 € con desconto). A reserva e entradas do Nadal Pequespectacular pode realizarse nas oficinas de Cultura do Pazo da Cultura, a partires do martes 20, entre as 11.00 e as 13.30 horas. Os interesados e interesadas en descargar o programa do Nadal Cultural ao completo, poden facelo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: