Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado por unanimidade do pleno o repintado das...

MODIFICARASE O CARRIL BICI NA TRAVESÍA DE MALPICA

Aprobado por unanimidade do pleno o repintado das prazas de estacionamento da rúa Fábrica

Martes 27 de decembro do 2011

O pleno supuxo así mesmo a dación de conta do trámite administrativo para modificar a designación dos suplentes do grupo municipal do PP nas comisións informativas, así como a comparecencia do Concelleiro delegado de Obras e Servizos, Luís Lamas, para presentar o informe trimestral sobre os traballos contratados ou en execución neste período. Nesta relación hai que subliñar que o pasado 15 de decembro asinouse o contrato para a construción dunha praza pública en Sofán, polo que está previsto que os traballos comecen a primeiros de 2012. Este proxecto está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS) de 2011 e é unha actuación que xorde a raíz dunha iniciativa veciñal presentada ao abeiro do Regulamento de Participación Cidadá pola Asociación de Veciños San Salvador de Sofán. O prezo de adxudicación é de 160.219,37 euros. Tamén hai que dar conta do remate da Escola Infantil Municipal de "A Braña", situada na contorna da estrada de Razo e que está previsto que entre en funcionamento no primeiro trimestre de 2012. Tan só resta nestes momentos o equipamento de parte do mobiliario das aulas que corre a cargo do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Así mesmo, mencionou que continúa en obras o proxecto para a construción dunha Biblioteca Municipal na contorna da rúa Bos Aires da capital municipal. A empresa que realiza os traballos é Ogmios, o prazo de execución remata a finais de 2012 e o orzamento de adxudicación foi de 1.199.588 euros. Están a piques de rematar os traballos para crear unha rede de abastecemento en Bas, parroquia de Goiáns, e unha rede de saneamento en San Lois, parroquia de Ardaña, proxectos incluídos no Plan de Obras e Servizos (POS) de 2011 e no POS adicional de 2010. Realizouse así mesmo a reposición de camiños nas parroquias do municipio co arranxo do firme, e remataron as actuacións de mellora da capa de rodadura en Xoane-Goiáns e no Añón de Berdillo. Por último, está a piques de comezar a mellora do servizo de augas residuais da Brea. No que vai de 2011 téñense realizado un total de 17 proxectos de obra, ademais das melloras realizadas pola Brigada. Está previsto que o Concelleiro de Obras realice este informe sempre a final de cada trimestre do ano.

Compartir: