Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Nadal Pequespectacular remata coa maxia de...

XOVES 29 E VENRES 30 DE DECEMBRO ÁS 18.00 HORAS

O Nadal Pequespectacular remata coa maxia de Cayetano Lledó e a tenra historia de Konrad

Martes 27 de decembro do 2011

Cayetano Lledó presenta "Máxico Circus Cabaret", un espectáculo no que o patrón dun circo no que xa non traballa ningúen vese obrigado a disfrazarse de artistas difetentes para non ter que pechar o seu negocio. Parodiando a un mago chinés, a Groucho Marx, a un sonámbulo, á muller barbuda, ao secretario do circo, a un hipnotizador galego e a outros moitos máis, tentará levantar o espectáculo. Maxia, musical, comedia, manipulación de cartas, malabarismo de contacto, mentalismo, hipnose, clown, cambios de vestiario, todo vale nun espectáculo cheo se sorpresas. Así, o público poderá coñecer en primeiro lugar a François LaFallette, un excéntrico e extrovertido presentador de circo francés que percorreu co seu irmán Jean Philippe o mundo enteiro á procura de fabulosos shows. Estará presente o Profesor Sotelo, un famoso hipnotizador e conferenciante galego experto en parapsicoloxía, psicofonías, hipnose e transmisión do pensamento. Tamén esá invitado Tchai Lee Sing, o fillo de Tchai Lee Song, un egrexio mago de procedencia oriental cun espectáculo colorista cargado de panos de seda, bolboretas e flores. Son só unha pequena mostra dos personaxes que os cativos e cativas poderán coñecer: o xoves 29 ás 18.00 horas.

Non hai que esquecer que o venres 30 ás 19.30 horas, despois da representación de Sarabela Teatro, a Ludoteca Municipal acolle a tradicional Chocolatada para que os cativos e cativas despidan o ano. Hai que acudir con convite previo. Tamén hai que lembrar que a reserva e entradas do Nadal Pequespectacular pode realizarse nas oficinas de Cultura do Pazo da Cultura, a partires do martes 20, entre as 11.00 e as 13.30 horas. Os interesados e interesadas en descargar o programa do Nadal Cultural 2011 ao completo, poden facelo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: