Inicio Carballo ao día Hemeroteca A rúa Álvarez de Sotomayor da...

SUPORÁ ARREDOR DE 25 NOVAS PRAZAS DE ESTACIONAMENTO

A rúa Álvarez de Sotomayor da capital municipal pasará a ser de sentido único a partires do venres 30 de decembro

Xoves 29 de decembro do 2011

Coa reordenación da rúa Álvarez de Sotomayor está previsto contribuír á mellora do tráfico rodado no centro da capital municipal, así como aumentar o número de prazas de estacionamento no casco urbano. Así, a administración local ten realizado un labor de acondicionamento de novas zonas de aparcamento nos últimos meses, así como de regulamento das existentes nas rúas do centro carballés, co obxecto de facilitar tanto a actividade comercial como as xestións administrativas na capital municipal. Hai que subliñar a incorporación de prazas de estacionamento en terreos baleiros, sendo o último en incorporarse á rede de solares un espazo duns 3.500 metros cadrados na confluencia da rúa Perú coas rúas Pontevedra e Ecuador, a ambas marxes da vía, permitíndose a creación de arredor de 150 novas prazas de estacionamento libre, sen limitación de tempo. Ademais, nos últimos anos vénse favorecendo a creación de prazas de estacionamento evitando a presenza de vehículos lapa -ou ventosa- grazas á zona azul. Así, o casco urbano conta con preto de 500 prazas de aparcamento regulado por zona azul, uns espazos que foron creados pouco a pouco dende o ano 2002.

Os interesados e interesadas poden consultar un plano de situación da rúa nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: