Inicio Carballo ao día Hemeroteca Entra en funcionamento o Centro de Día...

TEN CAPACIDADE PARA 45 USUARIOS/AS

Entra en funcionamento o Centro de Día situado na Praza de Vigo da capital municipal

Luns 2 de xaneiro do 2012

Os Centros de Día son servizos destinados a atender a persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela. Este recurso social constitúe o marco para a práctica terapéutica coas persoas potencialmente usuarias e para o apoio ás familias coidadoras, promovendo a máxima de manter ás persoas maiores na súa contorna. A realidade sociodemográfica galega leva a debuxar un marco de atención centrado, aínda que non en exclusividade, no medio rural galego, onde a prevalencia de persoas maiores é máis sobresaínte e a inexistencia de recursos especializados notoria. Os Centros de Día defínense como centros xerontolóxicos socio terapéuticos e de apoio ás familias que durante o día prestan atención terapéutica integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela, promovendo a súa autonomía persoal, a actividade relacional e a permanencia na contorna habitual. Nestes momentos a comarca de Bergantiños conta con tres Centros de día situados en Carballo (45 prazas), Cabana (34) e A Laracha (40).

Compartir: