Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo adopta medidas para aforrar preto dun...

TAMÉN ESTÁ PREVISTO ELIMINAR 800 PUNTOS DE LUZ

Carballo adopta medidas para aforrar preto dun millón e medio de horas de consumo en alumeado ao ano en todo o municipio

Luns 2 de xaneiro do 2012

A campaña comezou nos últimos días coa retirada de arredor de 70 focos situados en parques da capital municipal: no Parque do Anllóns, no San Martiño e no Parque da Milagrosa. Así, por exemplo, nestes espazos hai puntos de luz con dobre foco que pasarán a contar cunha única bombilla. O seguinte paso será a eliminación de puntos de luz no medio rural, aínda que sempre en base a un estudo realizado por técnicos e subliñando que en ningún caso se retirará o servizo público de alumeado diante das vivendas. Outras medida de aforro no gasto en alumeado adoptadas polo Goberno local consisten no emprego de luces LED de baixo consumo tanto nos semáforos como no alumeado festivo. De feito, nos últimos anos tense reducido o número de días en que está presente o alumeado de Nadal e este ano non se investiu nada na adquisición de novo alumeado festivo. Así mesmo, a instalación das luces corre a cargo da Brigada de Obras Municipal sen a contratación de ningunha empresa externa, co conseguinte aforro.

Compartir: