Inicio Carballo ao día Hemeroteca As Brigadas de Obras e Medio Ambiente atenderon...

OS AVISOS PODEN FORMALIZARSE NO 981 704 700

As Brigadas de Obras e Medio Ambiente atenderon durante o ano 2011 máis de 1.400 demandas de veciños e veciñas

Martes 3 de xaneiro do 2012

O segundo servizo máis demandado polos carballeses e carballesas é o relacionado coas actividades realizadas no marco do programa Carballo Limpo, con 332 avisos. Carballo Limpo é unha iniciativa que comprende diversas accións destinadas a conservar o medio ambiente grazas á colaboración da veciñanza, e dentro das súas funcións inclúense, por exemplo, os labores de desratización ou os de mantemento dos colectores de recollida de lixo e de recollida selectiva. Contémplanse, así mesmo, os servizos do Punto Limpo e o Punto Limpo Móbil, ademais da recollida de cartón pregado a pé de porta. En terceiro lugar as peticións dos veciños e veciñas céntranse nos servizos en xeral de auga, luz, saneamento ou teléfono, con 129 chamadas. Os avisos referentes á conservación do mobiliario urbano, os inmobles e as infraestruturas deportivas municipais ocupan o cuarto lugar con 94 demandas. E xa con cifras moito máis reducidas están as peticións relativas a sinaléctica municipal e a limpeza dos espazos públicos con 20 e 16 avisos respectivamente. No caso do rebacheo do sistema viario, que contou con 23 avisos en todo o ano, o Concello puxo en marcha no seu momento un plan específico de mellora.

Por parroquias, a que rexistra máis demandas é de Carballo, seguida de Rus e Sofán. As que menos avisos rexistran son as de Rebordelos, Vilela e Aldemunde, por esta orde. Por último, analizando os datos do último trimestre do ano, hai que subliñar que se teñen atendido un total de 379 peticións, sendo de novo a maioría relativas ao alumeado con 213 avisos, o 56 por cento do total. Pola contra, nos últimos meses non pasou polo rexistro de avisos do Concello ningunha petición refererida á limpeza de espazos públicos, xa que a maioría destas demandas están programadas ou xestiónanse in situ e de forma cotiá. En canto a un balance máis global, sumando os datos dos catro últimos anos (entre 2008 e 2011), as Brigadas de Obras e Medio Ambiente teñen atendido un total de 5.663 avisos.

Compartir: