Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Reis Magos percorren Carballo na tradicional...

MÉRCORES 5 DE XANEIRO A PARTIRES DAS 17.30 HORAS

Os Reis Magos percorren Carballo na tradicional cabalgata e reciben as peticións dos cativos e cativas

Mércores 4 de xaneiro do 2012

Atendendo ao percorrido que os Reis Magos realizan polo casco urbano carballés, as súas Maxestades chegan en coches ao Centro Comercial Bergantiños-Gadis escoltados pola Policía Local e Protección Civil e saúdan aos nenos e nenas que estean alí antes de subir ás carrozas. No que respecta ás rúas do centro da vila, dende o CCB-Gadis a comitiva pasa pola avenida de Ponte da Pedra, as rúas Fábrica e Poniente, a rúa Luís Calvo, a rúa Barcelona, a rúa Fomento, a rúa Río Miño, a Praza da Milagrosa, a rúa Compostela, A Brea, a rúa Verdillo, a rúa do Sol, a rúa Gran Vía, xira na glorieta para baixar pola rúa Vázquez de Parga, chegar á Praza de Galicia, a rúa Coruña e, finalmente, dirixirse cara á Praza do Concello onde está prevista a recepción para todos os nenos e nenas. O acto de recepción ten lugar na carpa que está instalada diante da Casa do Concello onde poderán esperar os nenos e nenas e as nais e pais. Á chegada dos Reis, o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, en nome de todos os cidadáns da vila, recibe e saúda ás súas Maxestades.

Tamén hai que mencionar que a partires das 18.30 horas e para todos aqueles cativos e cativas que esperen aos Reis Magos na Praza do Concello, a partir das 18.30 horas haberá animacion, obradoiros e xogos ata a chegada da cabalgata. A organización quere agradecer a colaboración da agrupación de Protección Civil de Carballo, da Policía Local de Carballo e da Brigada Municipal de Obras, que contribúen á organización da cita. Por último, hai que mencionar que, ademais de que as parroquias celebran as súas propias cabalgatas, hai varios actos previstos para o Día de Reis, como son, por exemplo, a escenificación dun nacemento vivinte na Igrexa de Sísamo (10.30 horas) ou un Agasallo de Reis na Igrexa da Brea (9.30 horas) e outro na Igrexa de Artes (11.30 horas). O sábado 7 o Polideportivo de Razo tamén acolle unha Verbena de Reis coa Orquestra Estrella e os regueifeiros Suso e Antonio de Xornes a partires das 21.00 horas. Para consultar o programa de Nadal ao completo, os interesados e interesadas poden premer aquí.

Compartir: