Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Oficina Técnica de Carballo ten...

O INCREMENTO É DUN 38,8 POR CENTO RESPECTO DE 2010

A Oficina Técnica de Carballo ten rexistrado un total de 36 solicitudes de licenzas para a construción de vivendas no ano 2011

Xoves 5 de xaneiro do 2012

Nos últimos nove anos (entre 2003 e o 2011) o exercicio no que se rexistraron máis solicitudes de licenzas de obra para vivendas foi 2006 con 1.138 (1.043 para a construción de edificios e 95 para unifamiliares). Porén, hai que sinalar que ese ano viviuse unha situación anómala, xa que se formalizaron moitas solicitudes que non recibiron curso debido a que estaban previstas varias modificacións na normativa urbanística, polo tanto, os datos son sesgados. Sen ter en conta o exercicio de 2008, o ano no que se rexistraron máis solicitudes para a construción de vivendas en Carballo dende 2003 foi o xa mencionado ano 2008 con 742. A evolución dos últimos 9 anos é a seguinte: 371 solicitudes en 2003 (327 para edificios de vivendas, 44 para vivenda unifamiliar); 263 solicitudes en 2004 (215 edificios, 48 unifamiliar); 492 en 2005 (441 edificios, 51 unifamiliar); 1.138 en 2006 (1.043 edificios, 95 unifamiliar); 624 en 2007 (565 edificios, 59 unifamiliar); 742 en 2008 (662 edificios, 80 unifamiliar); 30 en 2009, todas para vivenda unifamiliar; 22 en 2010 (unifamiliar) e 36 en 2011 (unifamiliar).

Os datos da Oficina Técnica tamén recollen o rexistro de solicitudes para licenzas de actividades inocuas e molestas e para licenzas de parcelación. Durante o ano 2011 recolléronse 60 para actividades inocuas, 58 para molestas e 18 de parcelación. Neste último caso, a tendencia dos últimos tres anos permanece constante, con 17, 22 e 18 peticións en 2009, 2010 e 2011 respectivamente. Nos datos en que si se observa variación é nos referidos ás licenzas de actividade, baixando de 2010 a 2011 en 32 no caso das inocuas (de 92 a 60) e en 25 nas molestas (de 83 a 58), con descensos dun 34,7 por cento e dun 30,1 por cento respectivamente. Os datos son os máis baixos dos últimos tres anos (dende 2009, con 17) no que respecta ás licenzas de parcelación e dos últimos nove (dende 2003, con 92 e 91) no caso das licenzas para actividades inocuas e molestas. Nestes últimos apartados, o ano que recolleu un maior número de solicitudes foi o 2006, con 97 e 94 respectivamente.

Compartir: