Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello transmítelle a Educación...

O XEFE TERRITORIAL TEN PREVISTO VISITAR O CEIP BERGANTIÑOS

O Concello transmítelle a Educación os problemas de escolarización previstos para o próximo curso 2012-2013

Xoves 12 de xaneiro do 2012

Por último, durante a reunión, de pouco máis dunha hora de duración, falouse sobre a ampliación prevista para o CEIP Bergantiños da capital municipal, unha actuación que xa leva sobre da mesa dende o ano 2010. O Xefe Territorial informou de que o proxecto -entregado no verán de 2011 sendo Xefa Territorial María Teresa Villaverde Pais- aínda segue en fase de estudo e comprometeuse a realizar en breve, acompañado dun xefe técnico de unidade, unha visita para observar de primeira man tanto as instalacións do CEIP Bergantiños como do Fogar, Nétoma-Razo e Gándara-Sofán para poder avaliar o seu estado. O proxecto de ampliación do CEIP Bergantiños suporía crear máis de 1.200 metros cadrados máis de espazo, incluíndo a construción dun soportal cuberto e de zonas comúns, como salas de profesores, aínda que a xestión administrativa realizaríase dende as instalacións xa existentes. Implicaría a creación de nove unidades de Educación Infantil, con servizos integrados e totalmente equipadas, dun máximo de 25 nenos e nenas cada unha, polo tanto, crearíanse 225 novas prazas. As unidades estarían distribuídas en 3 para cativos e cativas de 3 anos; 3 para escolares de 4 anos; e 3 para nenos e nenas de 5 anos. O orzamento previsto para a realización dos traballos é de aproximadamente 1,5 millóns de euros.

Compartir: