Inicio Carballo ao día Hemeroteca Novo paso nos trámites para poñer...

LUZ VERDE PARA A PROGRAMACIÓN DOS VENRES CULTURAIS

Novo paso nos trámites para poñer en marcha o Proxecto Anllóns-Bardoso de mellora do subministro de auga potable

Luns 16 de xaneiro do 2012

En materia de contratación a Xunta de Goberno supuxo, así mesmo, a modificación do contrato administrativo especial do "Arrendamento de catro despachos no edificio do CPEC (Centro de Promoción Económica de Carballo)", situado no parque empresarial de Bértoa. Despois de que a Comunidade de Propietarios do Polígono Industrial de Bértoa renunciara ao contrato de arrendamento do despacho número 2 do CPEC, a Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños (Axober) solicitou o traslado dende o despacho 5, que están ocupando segundo o contrato de arrendamento, ao despacho 2, agora dispoñible. A proposta recibiu a luz verde da Xunta de Goberno, sen que supoña moficación algunha no prazo do contrato, de catro anos e formalizado en febreiro de 2011. Por último, adxudicouse o contrato administrativo de "Subministro de licenzas Microsoft" a ASAC Comunicaciones SL por un importe de 21.057,84 euros.

A sesión tamén supuxo varios acordos en materia de cultura, como a aprobación dos prezos públicos dos espectáculos organizados polo Concello de Carballo no Pazo da Cultura para o ano 2012 ou o Convenio coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para desenvolver a programación do primeiro semestre de 2012 como membro da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Neste último caso, inclúense os espectáculos dos Venres Culturais ou de Primavera enDanza. Os interesados e interesadas poden consultar a programación ao completo dos Venres Culturais 2012, premendo aquí. A orde do día incluíu a dación de conta do resumo de ingresos da recadación municipal voluntaria e executiva do importe total dos impostos e taxas municipais nos últimos dous meses de 2011. A caixa municipal supón 140.786 euros en novembro e 243.430 euros en decembro; e a recadación municipal supón 18.317 euros en decembro. Para rematar, a sesión supuxo a aprobación dun vao permanente e dunha licenza de primeira ocupación.

Compartir: