Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello elaborará un convenio para...

A CESIÓN, GRATUÍTA, SERÍA POR UN PRAZO DE 20 ANOS

O Concello elaborará un convenio para facilitar o traslado das oficinas do Servizo Galego de Colocación e de Medio Rural ao Fórum

Mércores 25 de xaneiro do 2012

Segundo explica Evencio Ferrero, constituirase unha comisión técnica para elaborar o borrador do convenio, que o Concello se compromete a ter listo o antes posible e a remitilo á Xunta para que tamén poidan revisalo os técnicos da administración autonómica. A proposta de acordo recolle que a Xunta de Galicia tería dereito a ocupar un espazo para as oficinas dos departamentos antes citados no recinto do Fórum Carballo sen ter que abonar ningún tipo de aluguer e tan só asumindo os gastos de mantemento derivados da ocupación do edificio como auga, electricidade, teléfono e limpeza. Nun principio, o convenio tería unha vixencia de 20 anos, despois dos cales podería revisarse o acordo. Segundo Belén do Campo, a formalización da cesión entre a Xunta e o Concello contribuiría a reducir o gasto corrente da Xunta, pois concentraríanse nun mesmo inmoble distintos servizos que actualmente se encontran dispersos en varias instalacións arrendadas na vila. Os dirixentes autonómico e local tamén aproveitaron o encontro para analizar a situación doutros proxectos e escoitar as demandas municipais. Neste senso, Do Campo e Ferrero acordaron traballar de maneira coordinada para dar resposta ás necesidades do Concello.

Compartir: