Inicio Carballo ao día Hemeroteca As mellores paisaxes, actividades e oficios de...

ANDAR -1 EN HORARIO DE 18.00 A 21.00 HORAS

As mellores paisaxes, actividades e oficios de Bergantiños: en imaxes até o 26 de febreiro no Pazo da Cultura

Venres 27 de xaneiro do 2012

O xerente da Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños, Alberto Martínez Pose, manifestou durante a inauguración da mostra que o concurso se enmarca dentro do obxectivo do GDR de contribuír á promoción do territorio, xa que semella "unha boa fórmula" non só para difundir a paisaxe e a etnografía de Bergantiños, senón tamén para "incentivar a participación social". A exposición é unha escolma de 31 imaxes das 192 que se presentaron ao certame, o que a organización considera un éxito ao tratarse da primeira edición e xa está traballando para preparar unha segunda. Un total das 28 fotografías están recollidas nun almanaque do ano 2012, e a entidade tamén editou un libro no que se recollen as 192 imaxes presentadas polos participantes, a maioría deles da comarca. O Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que fixo de anfitrión durante a inauguración da exposición xunto coa Concelleira de Cultura, Mar Eirís, subliñou a importancia da iniciativa como un xeito de poñer en valor as paisaxes e os oficios da comarca. Engadiu que "da observación das fotos sácase a conclusión de que temos unha paisaxe mítica do territorio galego", ademais de que hai "persoas suficientemente fortes e intelixentes para traballar coas máns e co corazón".

As persoas que resultaron premiadas nesta primeira edición do Concurso Fotográfico Comarca Natural de Bergantiños, son as seguintes:

CATEGORÍA PAISAXÍSTICA:

1º Premio de 400 € e diploma acreditativo. "Castro A Cidá" de Eduardo Verdes Pereira (A Laracha); 2º Premio: 200 € e diploma. "Paisaxe de Porto" de Jorge Luís González Gestoso (Vedra); 3º Premio: 100 € e diploma. "Atardecer en Rebordelo" de José Eduardo Touriñán Pena (Baio). 1º Accésit: Diploma acreditativo. "Roncudo" de Eduardo Verdes Pereira (A Laracha) 2º Accésit: Diploma. "Botes" de Raquel Teijeiro Palleiro (Malpica de Bergantiños).

CATEGORÍA ACTIVIDADES E OFICIOS:

1º Premio: 400 € e diploma. "Os percebeiros e o mar" de Hugo Nidáguila Remis (Ferrol); 2º Premio: 200 € e diploma. "Torno"
de Begoña Corbal Espejo (A Coruña); 3º Premio: 100 € e diploma. "Mariscando en Baldaio" de Eduardo Verdes Pereira (A Laracha); Accésit: Diploma acreditativo. "Traballa-lo barro"
de Pablo Fernández Garrido (Malpica de Bergantiños).

Os interesados e interesada en consultar o catálogo de imaxes premiadas, poden facelo nun documento en pdf nesta mesma nova.

Compartir: