Inicio Carballo ao día Hemeroteca O pleno aborda a concesión dunha...

EMPREGARÁN ALOMENOS A UNHA PERSOA DURANTE DOUS ANOS

O pleno aborda a concesión dunha bonificación no ICIO para tres empresas que proxectan instalarse no polígono de Bértoa

Venres 27 de xaneiro do 2012

Outro dos puntos da orde do día e a aprobación do Plan especial de dotacións para un centro docente na Avenida de Razo, referido ao colexio Artai. Este asunto xa recibira no seu momento a aprobación inicial, e despois de seguirse todos os trámites e procedementos legais pertinentes e de que non se presentase alegación algunha, proponse a aprobación definitiva do pleno. Unha vez tramitado o plan especial, os promotores deberán realizar as xestións para obter a licenza correspondente. Por último, a orde do día ten como último punto o seguimento de órganos de goberno, no que, ademais das resolucións da alcaldía, dos acordos da Xunta de Goberbo Local e dos rogos e preguntas, inclúese a dación de conta do Informe de Intervención e Tesourería do cumprimento da Lei 3/2004 de 29 de decembro de loita contra a morosidade relativo ao cuarto trimestre de 2011. Debido a un problema informático, presentouse un borrador provisional no que figura que o importe total dos pagos fora de prazo é de 170.337,19 euros para un total de 108 facturas. Unha vez sexa definitivo, este informe deberá ser remitido aos órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda e no seu ámbito territorial, aos da comunidade autónoma que teñan atribuída dita competencia

Compartir: