Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicado o contrato para a...

SOLICITADA UNHA SUBVENCIÓN A PROL DA IGUALDADE DE XÉNERO

Adxudicado o contrato para a "Organización e vixilancia do espazo público onde se desenvolve o mercado de ambulantes da Milagrosa"

Luns 30 de xaneiro do 2012

No apartado de convenios, recibiu luz verde un acordo de colaboración entre o Concello de Carballo e a Fundación Santiago Apóstol de Ciencias Sociales, entidade xurídica responsable da escola universitaria de traballo social de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento da formación en centros de traballo. Por este convenio, o alumnado de traballo social desenvolverá actividades formativas programadas nos centros e servizos do Concello de Carballo. No que se refire a subvencións, aprobouse unha solicitude de axudas á Xunta de Galicia para a promoción do uso da lingua no Concello durante o ano 2012, así como a petición de incorporación do Concello ao programa de cooperación da Deputación da Coruña para colaborar no financiamento do mantemento do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) municipal, tamén para 2012. Por último, saíu adiante a solicitude á Secretería Xeral de Igualdade dunha subvención dirixida ás entidades locais para a promoción da igualdade durante o ano 2012 nos seguintes ámbitos: para a prevención e tratamento da violencia de xénero, para fomentar a conciliación, e para apoiar o Centro de Información á Muller (CIM) de Carballo.

Para rematar, durante a sesión foi aprobada a creación de ficheiros de datos de carácter persoal baixo o epígrafe "Participantes en accións de promoción de emprego", as bases do VIII Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores, o protocolo para o proxecto "Club a debate", a autorización de sete vaos permanentes, unha licenza de obra, dous proxectos de execución, unha licenza de obra e apertura, dúas licenzas de primeira ocupación e unha segregación de parcelas.

Compartir: