Inicio Carballo ao día Hemeroteca A directiva de Axober visitou, acompañada...

O NOVO ESPAZO SERÁ UN PUNTO DE ENCONTRO PARA EMPRESARIOS

A directiva de Axober visitou, acompañada de membros do Goberno local, as instalacións do recinto Fórum Carballo

Martes 31 de xaneiro do 2012

A visita tamén serviu para visitar a nave 4 na que se atopan as instalacións para desenvolver actividades formativas relacionadas co sector da hostalería, que contan cunha cociña de 15 lumes (na imaxe), ademais de con todo o equipamento necesario como refrixeradoras, unha barrra ou utensilios de cociña. Nesta mesma nave, no segundo andar, están as instalacións para os obradoiros de carpintaría de madeira e metálica, ademais das aulas e servizos asociados. A directiva tamén quixo ver a nave 5 na que se atopan a área de construción, cun espazo para o taller de canteiría, e unha aula de informática; e a nave 3, reservada para os talleres de soldadura e pintura, ademais de aulas ara desenvolver módulos de electricidade. Hai que lembrar que o complexo se completa coa nave 2, destinada a orientación laboral e de promoción de emprego. Está previsto que no primeiro andar se instale a oficina do Servizo Público de Emprego Estatal e Servizo Público de Emprego da Xunta de Galicia, mentres que no segundo andar podería situarse a oficina da Consellería de Medio Rural e Sanidade Animal.

Por último, no terceiro andar estaría a sede do Centro Municipal de Formación, a oficina do técnico de emprego do Concello de Carballo, salas de reunións e de profesores, arquivos e outras dependencias administrativas. O Goberno local está realizando todos os trámites para poder efectuar canto antes o traslado das oficinas dende o Centro de Formación actual ao Fórum, así como para poder desenvolver os talleres nas novas instalacións.

Compartir: