Inicio Carballo ao día Hemeroteca Relevo na xestión da Estación...

EVENCIO FERRERO E ANTONIO PENSADO VISITARON AS INSTALACIÓNS

Relevo na xestión da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) que da servizo a Ardaña, Rus, Entrecruces e Erbecedo

Mércores 1 de febreiro do 2012

O 70 por cento do importe desta actuación foi achegado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Fondos Feder). A Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) foi deseñada a través dun proxecto para dar servizo ás parroquias de Rus e Ardaña en Carballo, e á de Erbecedo, en Coristanco, aínda que máis adiante ampliouse a cobertura grazas a unha actuación incluída no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEELS 2010) para o Concello de Carballo que supuxo a prolongación do servizo á parroquia de Entrecruces. Así, incorporouse un colector xeral dende o Río Grande nun proxecto que contou cun prezo de adxudicación de 360.000 euros. Os colectores recollen as augas fecais para envialas á nova depuradora, o que permite que os veciños e veciñas desta zona conten con servizo de saneamento. A EDAR ten capacidade para tratar os verquidos dunha poboación de ata 4.000 persoas, o que servirá para cubrir tamén as necesidades que xurdan na zona no futuro. Nos próximos días, os técnicos de Aquagest e CRC seguirán traballando no relevo de funcións ata que o intercambio na explotación das instalacións sexa definitivo.

Compartir: