Inicio Carballo ao día Hemeroteca The Cerne, Falso Joker e Tínperis...

VENRES 3 DE FEBREIRO ÁS 21.00 HORAS

The Cerne, Falso Joker e Tínperis inauguran no RockCarballo as actuacións musicais dos Venres Culturais

Xoves 2 de febreiro do 2012

Falso Joker é unha formación creada no ano 2010 por cinco xoves carballeses, que comezaron a súa andadura musical coa intención de facer música metal de creación propia. Ao longo destes dous anos veñen realizando varios concertos con éxito de público. Por último, The Cerne formouse no ano 2005 para lembrar vellos tempos musicais, formado por algúns membros de grupos pioneiros do pop-rock en Carballo, como Helium, Trámites, Distrito 15100 ou Meigasfora. A idea era pasalo ben, ensaiando basicamente unha serie de temas versionados de grupos que gustaban a cada un dos componentes e, pouco a pouco, ir facendo temas propios e recuperando algún dos tocados nos anteriores grupos, sempre mantendo un estilo homoxéneo baseado na música dos 70/80 dos grandes xenios (Dire Straits, Gary Moore, Police, Pink Floyd, etc.). A formación actual é a seguinte: Belén (voz), Roberto (guitarra) Joaquín (batería), Fran (baixo-voz), Manolo (teclados) e Guillermo (guitarra-voz), aínda que desde os comenzos da formación as colaboracións tanto instrumental como de voces foron unha tónica que se utilizou para diversificar o contido das versións.

O ano 2011 estivo cheo de éxitos para The Cerne, xa que sacaron á venta un disco co seu mesmo nome, que conta coa colaboración das Cantareiras de Verdillo, de Javier Ferreiro e antigos compoñentes do grupo como José Manuel e Consuelo.
Ademais, comezaron unha xira coa Orquestra Sinfónica de Melide, a Coral Polifónica "El Eco" e cos cantantes Susana de Lorenzo e Alberto Cunha, que retomarán neste ano 2012.

Compartir: